COLINETA. Gastronomía e literatura.

contacto: miguel(arroba)colineta.com

FESTA DO XABARÍN

En Cerdedo (Pontevedra) teñen un problema: a superpoboación de xabarís nos seus montes, que causan graves danos nos cultivos da zona.

O problema de moitos ten a parte positiva para os cazadores da zona, que teñen abondas posibilidades de exercitar a súa afección.

Semella que en Cerdedo buscan sempre a parte boa das cousas e o seu problema vai converterse nunha festa para todos: a Festa do Xabalí, que terá lugar os días 29 e 30 de abril. Polo momento xa hai 17 xabarís conxelados para esta festa.

Cerdedo celebra tamén a Festa da Vincha, coa que tentan recuperar esta sobremesa típica da zona e do tempo de antroido.

25/01/2006 10:06 Autor: colineta. LEER este artigo. Tema: TAPIÑAS.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: tracatrum

o problema tamén se solucionaría (e de xeito moito máis eficaz a longo prazo) con coidar os montes e limpalos como se facía antes. Que agora non se aproveiten toxos, carqueixas e demáis matas do monte non é solo problema para a sobrepoboación do xabarín senón que ademáis fomenta moitísimo a propagación dos incendios forestais.

Con reténs todo o ano para limpar o monte (e non soio no verán para apagar lumes) solucionaríanse, polo menos, eses dous problemas.

Fecha: 26/01/2006 13:12.


Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.


V.O.GALEGO

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons.

Temas



Archivos

Enlaces

Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.