¿POR QUÉ AXENDA CULINARIA?

Coñecín esta Agenda hai preto de vinte anos no Rastro madrileño, onde merquei un exemplar correspondente a 1904 por mil pesetas, sen regateo. Posteriormente atopei unha referencia á axenda de 1907 no libro Bibliografía de la gastronomía española, publicado en 1977 por Carmen Simón Palmer.
En 2004 avisáronme dun exemplar da axenda de 1917 cuxa venda anunciaba en internet unha librería catalana, e que tamén merquei, nesta ocasión por importe de 12 euros máis gastos de envío.
Trátase de libriños curiosos, os que teño gran aprecio e dos que tomei o nome de Axenda culinaria para este diario gastronómico. O de Colineta contareino noutro momento.
© Miguel Vila Pernas
0 comentarios