MENÚS DE ANTROIDO
En Galicia rebenta o Antroido entre máscaras, festas, fariña e formigas para os máis aventureiros. Nas mesas cocidos, lacóns, cacheiras, botelos e androllas, freixós, filloas, orellas de frade, follas de limón, torrixas...
Algúns restaurantes apúntanse ó chamado da festa e ofrecen nos xornais as súas ceas de Antroido: robalizas ó forno, caldo cultivador, percebes, brochetas de froitas, sopas de allo... Xa lles vale o compromiso coa cultura tradicional do noso pobo.
De toda a oferta o único salientable son as sopas de allo, que despois dunha noite de festa entonan moi ben o bandullo e prepárannos o corpo para durmir ben.

© Miguel Vila Pernas
0 comentarios