QUE O VIÑO NON É UVA... SOLAMENTE
Pasou a Semana Santa e parece que os días de festa serviron para acalar a polémica dos viños albariños do Ribeiro, polémica que ninguén con dous dedos de frente entende. Xa o sentenciaron Axterix e Obelix: están tolos estes romanos. A nos de romanos aínda nos que da un pouso e polo que se ve andamos oa miolada algo revolta.
Que no Ribeiro fan viños con uva albariña, pois que os faigan. So pode molestar a quen non sabe defender os inimitables viños das Rías Baixas. O albariño do Ribeiro será eso e non outra cousa, e por moi bo resultado que consigan os de Ourense, nunca será un Rías Baixas. Na elaboración do viño a uva ten unha importancia capital, pero non menos importancia ten a adaptación da mesma á terra na que se cultiva, a mesma terra, as condiciósn climatolóxicas, a flora bacteriana, a mestura de variedades (excepto en viños monovorietais) e o traballo e sabedoría dos enólogos e adegueiros.
Unha uva ben coñecida en Galicia é a Mencía, coa que se producen viños tintos na Ribeira Sacra, na cercana zona de Valdeorras e na inmediata do Bierzo, xa en León. Nas tres denominacións de orixe citadas e coa mesma uva producense tintos que, anque semellantes, non son iguales, e cada zona ten as súas propias pecualiaridades. E tamén nas tres denominacións de orixe e coa mesma uva se producen viños excelentes, bos e malos.
Discutimos en Galicia se a uva albariña debe cultivarse no Ribeiro, pero non nos importa que xa se estea cultivando en Cataluña, na Rioxa ou en California. Oxalá no Ribeiro consigan un bo viño feito con uva albariña e oxalá na costa de Pontevedra continúen a producir os seus marabillosos brancos, que poden codearse sen medo cos mellores do mundo. E oxalá ós viños do Ribeiro sigan sendo o que son Ribeiro e os de Pontevedra deixen de ser albariños e se coñezan coma o que son Rías Baixas.
Consigan potenciar e asentar na cabeza do consumidor a marca de orixe Rías Baixas e deixen a denominación albariño para os viños de mesa do norte de Portugal. Se en Pontevedra continúan aferrados á vella denomninación que identifica os viños coa variedade de uva, so van conseguir cabrear aos que, coma min, preferimos os Rías Baixas do sur, onde a varidade albariña vai acompañada doutras, coma loureiro ou treixadura, esta última, por certo, moi arraigada no Ribeiro.

© Miguel Vila Pernas
0 comentarios