O VALOR DAS COUSAS SINXELAS
Acabo de cociñar e comer o que na miña casa chamamos sopa de porros que non é outra cousa que a porrusalda vasca pero sen bacallau. Maila que a cociñei eu mesmo, sigo pensando que este prato ten algo de máxico: non é posible que un simples porros cocidos con patacas e cenorias en auga da billa dean un resultado tan marabilloso e complexo, tanto que posto na mesa e explicada a receita todos pensan que hai algún truco que no se conta, truco que non existe.
Ponse unha pota ó lume cun chisco de aceite e faise no mesmo un sofrito con algo de cebola e allo. Non fai falta picalos moi miúdos. Bótanse de seguido porros cortados en rodas e cenorias da mesma maneira. Agréganse patacas peladas e partidas en anacos do tamaño dunha noz pequena. Reméxese todo co sofrito, cóbrese de auga da billa e salgase, deixando cocer ata que as patacas estean brandas, momento no que se sirve. Non se precisa nada máis para lograr unha das sopas máis saborosas que teña comido na miña vida.
Os vascos póñenlle bacallau. Eu non, xa que hai na casa que non gusta deste peixe, polo que ás veces cambio a auga da billa por un caldo de polo ou xamón, se hai á man algún óso para facelo. Tamén me gusta poñer algo de corante (pseudo azafrán) que non da sabor, pero pinta a sopa de amarelo, cor que me resulta máis apetitoso o que natural, demasiado esbrancuxado.
En calquera caso, nin o corante nin o caldo son necesarios. Bastan as verduras, o sofrito e auga da billa. Proben e verán que non esaxero.

© Miguel Vila Pernas
0 comentarios