Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

MÁIS LIBROS

Acabo de comezar a lectura de “Delirios gastronómicos”, o último libro do lucense residente en Asturias José Manuel Vilavella, gañador este ano do premio de xornalismo gastronómico Álvaro Cunqueiro. Un traballo interesante e divertido, no que o autor da conta dalgunhas das súas experiencias gastronómicas.

Cando remate con Vilavella (nas vacacións da Semana Santa viaxo e non haberá tempo para a lectura) comezarei con “Sabor a Cuba”, de René Vázquez Díaz, do que non sei nada, pero polo que puiden ler no xornal promete unha exaltación da cociña tradicional fronte ó que o autor cualifica de “bobería gastronómica internacional al alcance de los pudientes”

Volveremos sobre ambos libros.

Máis sobre libros
Outra sobre libros

© Miguel Vila Pernas

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres