Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

¡QUE MAL SE COME NAS FESTAS GASTRONÓMICAS!

Aceptémolo xa: polo xeral, nas festas gastronómicas galegas cómese mal... e ás veces ata caro. Isto resulta inevitable polo propio formato das mesmas, que unhas veces son organizadas por empresas do sector industrial galego, dando de comer produtos más semellantes ó que esas mesmas empresas enlatas que ós populares que se pretenden enxalzar. Outras veces son os propios organizadores da festa os que cociñan os pratos que se van consumir, o que moitas veces supón que a comida se prepara o día anterior, resultando, por exemplo, filloas duras e secas. Outras veces os cociñeiros están afeitos a cociñar na propia casa, pero non para grandes multitudes, e o resultado non é o esperado.

Malia todo, hai festas gastronómicas nas que se come ben e a bo prezo. Unhas veces porque o produto que se exalta non ten ningunha complicación, como no caso das festas do queixo. Outras veces porque a organización conseguiu chegar a un bo axuste de medios, humanos e técnicos, e soubo elixir un produto que permita servir grandes cantidades en pouco tempo sen merma da calidade.

O que non parece darse nas festas gastronómicas galegas é a selección natural. Cada día nacen más destas celebracións e ningunha desaparece. Polo que se ve, aos galegos non nos importa moito a calidade cando se trata de xuntar festa e comida.

© Miguel Vila Pernas

0 comentarios