SARDIÑAS EN FOLLA DE PARRA
Paseaba co meu fillo polas corredoiras próximas á miña casa cando o rapaz reparou nas parras que rodeaban o camiño e, lembrando os seus froitos deliciosos, preguntou cando chegan as uvas. Andabamos por Pedrouzos, preto de onde un parente dos Tobío de Viveiro levantou no século XIX unha capela para depositar as reliquias de Santa Minia, que ten festa cada final de setembro. Unha festa que fai lembrar as San Lucas de Mondoñedo polo rito de comer o polbo no campo da festa e a enorme, ata diría desproporcionada, asistencia de público. Pedrouzos non ten máis que uns poucos centos de veciños, entre os que me conto, pero o 26 e 27 de cada mes de setembro xuntámonos ao pe da capela entre 20.000 e 30.000 persoas. Quén sabe cantos miles de quilogramos de polbo e churrasco se comen entón.
Pero non van estas liñas de polbo nin de romarías, senón de parras. Neste val da Mahía onde aínda se escoitan a diario as campás de Bastavales, cóntanse por centos as parras de catalán que hai á beira dos camiños. Producen uvas pequenas, redondas, de pel moura e algo aceda, pero de carne branca, doce pero cun chisco de acedo, e cun sabor e aroma indescritibles. Probablemente non hai uvas mellores.
Mais tampouco son as uvas da Mahía o obxecto desta liñas, senón as follas da parra. En 1788 José Cornide publicaba a súa obra máis coñecida Ensayo de una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa de Galicia. Non so da conta dos peixes e mariscos que se pescan en Galicia, senón do uso que os galegos de entón facían dos mesmos. Fala das sardiñas e di que se trata dun dos peixes máis delicados e indica que a mellor maneira de preparalas se reduce a asarla ligeramente en las brasas preparada con algunas arenas de sal, y quando más, envuelta en una hoja de parra.
Mentres agardo que broten as parras para probar as sardiñas asadas nas súas follas, leo a receita da asma yapraginda sardalya, que traducido do turco significa sardiñas en folla de parra: escáldanse as follas de parra en auga fervendo, envólvense nas mesmas as sardiñas salgadas e untadas de aceite, e ásanse no forno. Antes de comelas, sácanse da folla de parra e ponse algo de zume de limón sobre cada sardiña. Da mesma maneira pero cunha herbas aromáticas e asadas na grella se cociña en Grecia: psari sta klimatofilla é o nome do prato.
Xa ven que cousas. Miles de quilómetros separan Galicia de Turquía e Grecia, pero as sardiñas asadas en folla de parra teñen presenza nos dous extremos do Mediterráneo.
Artigo publicado en El progreso

© Miguel Vila Pernas
Artigo publicado en El progreso
0 comentarios