PARA MELÓN, O DE OUTONO
Nas ultimas semanas os andeis cas froiterías enchéronse de sandías e melóns, que son as froitas mais características do verán español.
Unha raxa de sandía fría sempre presta nun día de calor. Pero no caso dos melóns a cousa cambia e a decepción acostuma a seguir as gañas coas que abrimos a froita. Poucos melóns de verán ofrecen a calidade que agardamos deles. Os madrileños, grandes consumidores desta froita, acostuman dicir: este melón esta pepino.
O mellor melón que comín na miña vida merqueino en Almendralejo, Estremadura, nun mes de outubro, no que as rúas da vila se enchen de postos nos que se venden miles de melóns e Sandiás. Aquel melón estremeño estaba xusto no seu punto de madurez, doce e cunha textura perfecta. E sabía a melón.

© Miguel Vila Pernas
*miguel(arroba)colineta.com
0 comentarios