AZUCRE LIXEIRO
Cada vez máis xente emprega edulcorantes artificiais no canto do tradicional azucre. Ás veces o motivo é médico, como no caso dos afectados por diabetes, pero paréceme que na meirande parte dos casos é pura moda ou estética. O azucre ten mala reputación nos tempos que corren, no que os alimentos lixeiros e supostamente baixos en calorías se venden coma churros. Escribo "supostamente" porque ás veces o substitutivo ten maior poder enerxético que o substituído. Miren, por exemplo, o caso do pan. Os biscotes, pan torrado industrial, etc., que moitos empregar para susbtituír ao bo pan tradicional, non so teñen abondas calorías máis que o molete, senónq ue levan na súa composición graxas e outros compoñentes que os panadeiros tradicionais non empregan.
Pero volvendo co azucre, resulta evidente que os edulcorantes artificiais (sacarina, aspartamos, etc.) saben mal e, dende o punto de vista gustativo, son un deficientísimo susbtitutivo do azucre.
Hai uns días din no supermercado co produto que da resposta a quenes desexan reducir a cantidade de calorías que aporta o azucre sen cambiar para nada o sabor. A empresa Sucrán sacou ao mercado uns cuadradillos de azucre lixeiro.
A cousa é sinxela: mesturan un 99 por cento de azucre normal co 1 por cento de edulcorantes artificiais. A enorme capacidade de adozar dos edulcorantes artificiais permite reducir á cuarta parte a cantidade de azucre empregado e, polo tanto, reducir na mesma proporción a inxesta de calorías.
Cada terrón dese azucre adoza o mesmo que un terrón normal, pero é catro veces máis pequeno. Eu sometín este novo azucre á proba do algodón: poñelo no meu café so de tódalas sobremesas. Pareceume que adoza algo máis que o azucre normal, pero o sabor segue a ser o de sempre.
0 comentarios