Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

LICOR CAFÉ

Margarita Ledo Andión

LICOR CAFÉ

Direito á vea chartreuse local saqueto de ruda boa
para as pestanas, saqueto de seoane e poexo, tris
de fiúncho, romeu ou nada, torrefacto con alcool de
queimar. Flipa esta modorra, á tardiña, para non dar
subido dende Ervedelo e hai cheiro mesto que devala alisado. Ben.
Á tardiña, língoa que se vai colocando, que se queda e o rebumbio cede.
Ao pasar a gorxa o ar aquécese e tempera os labres.
Que chupan no negro, Miau.

0 comentarios