Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

OUTRA VEZ O CONCURSO DE TORTILLAS

Una ano máis San Sebastián acollerá a finais de mes (21 ao 24 de novembro) o congreso sobre o mellor da gastronomía no que se celebra o coñecido concurso de tortillas, cun premio a profesionais e outro a afeccionados.

Tódolos anos un destes premios ven para Galicia, cando non son os dous. O ano pasado o primeiro premio na categoría de profesionais foi para o resturante Las Cinco Puertas, de Pontevedra, cunha tortilla feita de patacas kennebec, ovos caseiro, aceite de oliva e sal. Para min faltou a cebola.
A autora da tortilla premiada en 2004 chámase Livia Bibiana Cardona Montoya, natural de Colombia. Afortunadamente Galicia segue a ser unha potencia en tortillas (gozan de fama en toda España).

Terei que lembrarme de contar aquí o falso mito da invención da tortilla por unha campesiña navarra e de porque eu penso que é un invento galego.

- Que noxo de tortilla
- Tortilla de ortigas

0 comentarios