Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

¿CÓMO DEMO SE FRITE UN OVO FRITO? (5)

Comeza polo principio. Capítulo 1

O ovo frito pode servirse acompañado de infinidade de cousas apetitosas. Pode, por exemplo, servirse con outro ovo fritido, co que teremos os famosos dous ovos fritos.

Estes dous ovos fritos están en case tódalas partes, incluso no cine. Falo, claro, das películas de cine e non das salas de ídem, nas que de momento o máis consumido son os flocos de millo.

Nas películas os ovos fritos (agora están en plural, posto que repetimos o rito e xa temos dous) acompáñanse de xamón, nuns casos, e de touciño noutros. O presuposto da película non ten nada que ver na elección do acompañamento; máis ben trátase dun problema de tradución e, se nos fixamos ben no prato, os ovos van sempre acompañados de "bacon" ou, como diríamos aquí, panceta. Falamos claro, de películas norteamericanas.
Nas películas españolas os ovos fritos acompáñanse de chourizo frito e de patacas tamén fritas. Si ademais hai pementos, verdes ou roxos e fritos, a cousa xa pasa a maiores.

Pero chegados a este punto, e visto que nos estamos enredando en cuestións accesorias, debemos volver a vista ao comezo e fixar, de novo, o noso obxectivo.

¿Cómo demos se frite un ovo frito?, foi a pregunta que nos fixemos ao comezo. ¿Está xa respondida?. Tallantemente, non. Ata agora so explicamos cómo se frite un ovo, pero non como se frite un ovo frito.
Vexamos pois cómo é a cousa.

INGREDIENTES (segunda parte)

Ingrediente fundamental: un ovo. Se no caso anterior era imprescindible contar cun ovo cru, neste temos dúas alternativas: o ovo pode estar cru ou pode estar frito. (En caso de que o ovo estea cru, volver ao comezo e seguir a técnica precisa para fritilo).

Os que neste punto teñan o ovo xa frito, demostran prestar a atención necesaria ao cursiño e poden continuar coa parte segunda.

(continúa...)

0 comentarios