Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGAS

Frei Martín Sarmiento.
Publicado en 1751

Coplas 112 a 128

Na praza si que houbo
de novo e de certo,
muito no verán
abondo de fresco:

Pixotas e congros,
muxes e corbelos,
melgachos e melgas,
pintos e xorelos,

panchoces e xardas,
polbos e badexos,
buraces e sollas,
escachos e reos,

robalos e raias,
curuxos e meros,
cabalas e barbos,
e mais bucareos,

de tranchos mui poucos,
rodaballos menos,
lenguados a pote
airoas sen termo.

Catro mans a branca
íban os xorelos,
de tres as xouviñas
antronte; que prezo!

Muitos caramuxos,
mexillós, cranguexos,
camarós, pecebres
ameixas a centos.

TOMASA

- Mais non vos cansedes,
Andrea, por Deos,
- Dixo; e axudoulle
Tomasa do Outeiro-

O ano foi farto,
o maíz, eu creo,
que encherá os canastros
tanto que o centeo,

O millo meúdo
e os feixóns pretos
e mais o paínzo
encherán os cestos.

Inda que o liño tivo
muito gordo, é certo,
non coubo nos lagos
o liño colleito.

Das coles, das verzas,
dos allos, dos beldros,
e mais as cebolas
foi ano mui cheo;

se ollais os nabales,
dirés que no inverno,
habrá muitos nabos,
razibas e grelos;

as viñas prometen,
xa estamos sen medo,
que habrá nas vendimias
gran falta de cestos;

na vila traballan
tantos toneleiros,
que abouxan as rúas
con tanto golpeo:

toneles e pipas
de novo fan presto,
e alimpian, remendan
os pipotes vellos.

Do viño a colleita
será sen exempro,
e seica ao chaviño
pasará o neto.

+ Coplas 19 a 25
+ Coplas 26 a 32
+ Coplas 48 a 54
+ Coplas 77 a 84
+ Coplas 112 a 128
+ Coplas 165 a 167
+ Coplas 326 a 239
+ Coplas 367 a 369
+ Coplas 378 a 379
+ Coplas 667 a 696
+ Coplas 728 a 731
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres