CONTROL DE ALCOHOLEMIA NOS RESTAURANTES
Os controis de alcoholemia na estrada están a causar importantes problemas aos hostaleiros, especialmente aos restaurantes, pola baixada na venda de viños e, en maior maneira de licores. Hai xa meses que os restaurantes non venden practicamente unha copa na sobremesa de comidas e ceas.
Pero os hostaleiros non se conforman con esta nova realidade e decidiron ofrecer aos seus clientes un novo servizo: o auto control de alcoholemia.
Varios locais de,Vigo dispoñen de alcoholímetros a disposición dos seus clientes, que antes de abandonar o establecemento poden comprobar o seu estado. Supoño que aos que superen o máximo permitido, os responsables do local convidarano a pedir un taxi no canto de empregar o coche propio.

© Miguel Vila Pernas
*miguel(arroba)colineta.com
0 comentarios