O VIÑO NOVO GALEGO
Francia enteira saborea xa o seu viño novo, tal como escribía onte, mentres en Galicia aínda temos que agardar ata o sábado próximo.
Ese día terá lugar en Cabanelas, no concello ourensán do Carballiño, a oitava edición da Festa do Viño Novo, na que se fai un percorrido polas adegas da localidade para probar os caldos deste ano e poder mercar se a un lle interesa facelo.
Unha bonita festa na que ademais hai degustación gratuíta do viño novo con castañas asadas, así como xantar no campo da festa.
Din que a colleita deste ano é unha das mellores da historia pola súa calidade. Seguramente quen se achegue a Cabanelas non vai quedar decepcionado.
0 comentarios