Blogia
COLINETA. Gastronomía e literatura.

CHEGA O TOSTADO DO RIBEIRO

Parece que o próximo Nadal poderemos acompañar as sobremesas dun mítico viño galego: o tostado do Ribeiro.

A Cooperativa do Ribeiro lanzará ao mercado en decembro as primeiras cinco mil botellas que se comercialicen despois de décadas (¿ou séculos?) ausente do mercado.

“Tostado de Costeira” é a marca elixida, que estará no mercado a un prezo arredor de 30 euros.

O tostado elaborase con uvas da variedade autóctona treixadura, pasificadas a cuberto durante varios meses, ata que acadan as condicións necesarias para a elaboración do viño. Este feito, así como a gran cantidade de uva precisa para a elaboración dun litro deste viño, son a causa do prezo que teremos que pagar para volver saborear un produto que, en tempos remotos, foi a xoia do Ribeiro. Pode que non tarde moito tempo en recuperar a posición perdida. Oxalá.

0 comentarios