SIDRA PARA OS ESPÍRITUS
Cando beben sidra, os asturianos sempre deixan un pouco no fondo do vaso, que tiran ao chan ou no recipiente disposto a tal fin.
Hai que di que ese pouco de sidra que se tira serve para lavar a zona do vaso por onde se bebeu, pero normalmente o líquido sae do cristal polo extremo oposto a onde se pousaron os beizos.
Escoitei recentemente outra explicación: trátase dun rito ancestral, unha ofrenda aos deuses, ou como lle queiran chamar.
A explicación lembroume o costume existente en Cuba, especialmente entre negros, mulatos e músicos.
Alí, cando se abre unha botella de ron, antes de servir o primeiro vaso tirase ao chan un groliño, que vai para os espíritos. Cando a reunión é de músicos, tirase o primeiro grolo ao chan por el Benny, dedicándollo á Benny Moré, o máis grande dos músicos e cantantes cubanos do século XX.
0 comentarios