COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
A GAITA GALLEGAA GAITA GALLEGA (1853) Xoán Manuel Pintos Foliada 2ª (fragmento) Traballa un home e se mata por manter catrocentos, e lle fan pagar ben caro inda máis por ir mantelo. Si vai á vila con ovos o disgraciado labrego fanlle pagar á chegada os mesmos que han de comelos, e si non ten os chaviños dinlle que vaia a facelos, de maneira que alí choven cartos e chavos a eito. Por toxos ou herba ou palla, por vasoiras ou codesos, por garabullos, cañotas, por gestas, canas ou fentos, por queiroas ou carrascos, capós ou feixes pequenos de leña ou sean billardos, pois teñen nomes diversos, por arjós, follato ou poma, por estrume para o esterco, por manteiga, por galiñas, por fariña, por farelos, ou relón ou ben salvado por trigo, millo e centeo, por castañas e verdura, por patacas e pexegos, por ameixas e por figos, por bruños, mazás e peros, por noces, allos, cebolas, níxaros, piñas e nésperos, por limóns ou por laranjas do po e doces o mesmo, por calacús e cabazas, por tomates e pimentos, por culleres, mazarocas, por liño, estopa e tomentos, por abanos e carozas, e por landres para os cerdos... Ja me canso. So lles falta que lles tarifen o alento. Inda máis si un leva o carro, máis que nel leve un enfermo. Fanlle pagar por pasar ¡si non llo cían un leño! E por canado de viño que corre a oito no tempo fanlle pagar outros oito ós labregos por direitos. Inda ben no’está un tallón con fabas, nabos ou grelos ja ferven polo corral os alarbes dos apremios. 29/07/2005 12:30 LEER este artigo. Tema: POESÍA. Comentarios » Ir a formulario |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |