COLINETA. Gastronomía e literatura.contacto: miguel(arroba)colineta.com
|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema POESÍA. 27/03/2006DO QUEIXO NON CHE ME QUEIXODo queixo non che me queixo, Cantiga popular 22/03/2006RAÍÑA DE MAIORAÍÑA DE MAIO Raíña de maio, 21 de marzo. Día Mundial da Poesía. 06/03/2006SEN TÍTULOFran Alonso Hai momentos terribles en que todo 10/10/2005Sen título, de Fran AlonsoFran Alonso En “Persianas, pedramol e outros nervios” (1992) Hai momentos terribles en que todo é magma incandescente, leite por fóra, e ti un volcán en erupción, amor. Proxéctaste nunha cazola fervendo e salfíresme con eses nervios feitos que che medran na calor da cociña. Hai momento arrepiantes en que eu son can acirrado, verme entolecido, preso en ti cos ollos en vinagre, amor. Estoupo, berro, brinco, choro, mordo, e volvo converter a cociña nese inferno mesto que é o noso designio. 05/10/2005MAZÁ NA HERBAMiguel González Garcés En Bailada dos Anxos (1961) MAZÁ NA HERBA Inanimada virxe no chan verde afastado xa o tempo do seu corpo. E cun tanisco noso revivesce o doce aroma vivo, sabor vivo, dourado canto na calada voz. 28/09/2005LICOR CAFÉMargarita Ledo Andión LICOR CAFÉ Direito á vea chartreuse local saqueto de ruda boa para as pestanas, saqueto de seoane e poexo, tris de fiúncho, romeu ou nada, torrefacto con alcool de queimar. Flipa esta modorra, á tardiña, para non dar subido dende Ervedelo e hai cheiro mesto que devala alisado. Ben. Á tardiña, língoa que se vai colocando, que se queda e o rebumbio cede. Ao pasar a gorxa o ar aquécese e tempera os labres. Que chupan no negro, Miau. 22/09/2005CANCIÓN PRA IR AO MAR DE PESCABernardino Graña En Profecía do mar (1966) CANCIÓN PRA IR AO MAR DE PESCA Pra que anden gordos todos os nenos e polo Agosto haxa máis festas, imos buscare xunto das illas unha corvina, unha faneca, un abadexo, unha morea. Pra que en Galicia cheiren as fábricas de salazón e mais de conserva, imos ao mar con harpón ou liña a pescar rincha, congros e alcriques, moita pescada, unha balea. Pra que as mulleres berren na praza e haxa ruído polas tabernas, traerei con nasa, rede ou fisga luras e polbos, muxos e nécoras, meros e sargos, sollas e vieiras. Hei de pescare con xeito ou baca, con bou ou cunha pobre gamela unha centola, xouba e sardiña, un rodaballo, unha doncela. Imos ao axexo, imos ao escuro, cando a ardentía ou a lúa chea, e aseñaremos por estas rías o lombrigante, bonito duro, moitos xurelos, a palometa, un ollomol, unha zapata, un peixe-sapo, un fura-areas, a robaliza, a maragota, o pinto, a raia e toda a pesca. 21/09/2005O GATO DA TASCA MARIÑEIRABernardino Graña En Profecía do mar (1966) O GATO DA TASCA MARIÑEIRA Aquí non hai silencio porque hai homes falan os homes falan aquí non pasa o vento esa fantasma os homes falan falan e fórmase outro vento outro rebumbio unha fantasma feita deste fume este fumar sen tino estas palabras e pasa un suave gato que é da casa. Beben viño coñac berran discuten contan chistes mascan un pouco de xamón tal vez chourizo o gato ulisca cheira mira agarda vai á cociña ven ao mostrador quixera un anaquiño de boa carne un chisco de tenrura algún queixo unha migalla. Aquí non hai vagadas nin roncallos non se ven os cabezos nin as praias o taberneiro bole saúda cobra serve fala cambea mil pesetas chama á muller a berros e contesta ao teléfono ás chamadas e os homes berran moito cheos de ira e rin e danse a man e nada pasa. O gato calandiño ergue as orellas ten maino tan suavísimo sen gana cruza por entre as pernas entre as botas altas botas de caucho contra as augas co seu rabo arrequichado e duro e tan el calma e aquí non hai silencio que hai vinte homes e están ben lonxe os mares que arrebatan. Se acaso o gato mira os ollos do home guicha en suspenso escoita en paz agacha unha orelliña aguda e indiferente lambe teimudo e calmo unha das patas e se acaso durmiña e abre un ollo e ve que os homes beben fuman discuten moito non se cansan de ensaladilla callos mexilóns anchoas e viño e viño e viño tinto e branco en tantas tazas e esgarran cospen entran saen empuxan brindan cantan e a radio está acendida e óese música e o gato pasa indemne comprendendo tan costume son os homes no se espanta. 15/09/2005O SAN MARTIÑOAntón Tovar En Arredores (1962). - ¡Ai!, San Martiño - ¡Ai!, San Martiño, que anduvo na borralla i emporcou o fuciño-. Na festa dos magostos do San Martiño, cando a castaña estoura e cata o viño, -baixou do monte bébedo- o santo vén a Ourense, de vagariño, pra alcender a alegría como un meniño. -Anduvo na borralla i emporcou o fuciño-. ¡Ai!, San Martiño; anda collendo leña, soprando lumes no camiño de Montealegre a Ceboliño. ¡Ai!, San Martiño, que despois de xantar pan e touciño baixou do monte bébedo como un mociño. ¡Ai!, San Martiño, que anda a bicar as mozas como un homiño. ¡Ai!, San Martiño, ¡ai!, que ten unha noiva no Ribeiriño. ¡Ai!, San Martiño, que se deitou con ela... ¡Ai!, San Martiño, que anduvo na borralla i emporcou o fuciño. ¡Ai!, San Martiño no día dos magostos, cando a castaña estoura e canta o viño, i o fume na paisaxe é sempre a capa do San Martiño. 13/09/2005O VIÑO NOVO DO RIBEIROAntón Tovar En Arredores (1962). Eiquí as retortas cepas, coma maus enrugadas cara ó ceo, por onde rube a saiva; cepeiras tortas, cotovelos velliños de vendimias, ano tras ano, outono tras outono, segredo tras segredo. I enriba o sol, as anduriñas ceibes que agora emigran polo vento. Eiquí istes vimbios apreixando acios de un soño antergo ¡Ai!, meu amor, agora cumpriuse o tempo. Rube da terra o vexetal anceio, peta no cerne o zume sagro, chama nos peitos, chouta na folla e brinca no ar. Védeo, xa vén agallopando de cara ós nosos beizos, fatal e xeneroso, xurdindo irremediábel do mistéreo como si fora amor, ou anduriña fora, ou morte. Védeo pintando os acios, roxos, amarelos. A pel da uva xa canta coma un melro. Olládeo por Barbantes, Esposende e Castrelo, polas congostras pinas de Ribadavia e Leiro. Eí vén o viño novo, agallopando ós nosos beizos. Foxen as anduriñas, meu amor, no tiovivo do tempo, e vén o viño novo. O viño dos abades e dos mozos, ¡o viños do Ribeiro...! ¡Ai, meu amor, agora o corazón triste e baleiro imos inzar de nubes e paxaros, imos inzar de lus iste morcego de corazón. Unha anduriña ha ser na cunca, unha anduriña ós catro ventos... 09/09/2005OS ÁCIOSXosé María Álvarez Blázquez En Canle Segredo (1954) ¿Cánto dera eu agora por un ácio daqueles que collíamos a furto das parras encostadas nas roíñas de Dona Mariquita! Ácios de uvas douradas, brancas, mouras, ateigadas de zumes e lembranzas, que unha man silandeira -a man do tempo- nos puña cada outono diante os ollos abertos á cobiza. ¡Ai, Deus, quén dera! Qué dera agora, niste van pechado, onde morren os libros un pouco a cada intre no meu peito, un ácio... Ben sabedes: ¡unha pinga de terra feita mel, de terra terra, nos beizos apertados dun neniño! E tornar a sentir a leda anguria aquila que nos daba, cando a noite viña pousando amodo, con fuxidías sombras de paxaros, nas roíñas de Dona Mariquita. (Isto estóu a querer, mentres cavilo nun cativo que durme xa pra sempre perdido no meu peito.) ¡Cánto dera eu agora por un ácio que me levase cara o tempo morto!. 08/09/2005CANCIÓN DAS TRES CUCHARASLuis Pimentel En Sombra do aire na herba (1959) Tac, tac, tac cuchara de pau cunca de madeira o meu neno está na lareira. Tin, tin, tin cuchara de prata cunca do pazo o meu neno está no regazo. Ton, ton, ton cuchara de ouro cunca de cristal o meu neno é príncipe real. 05/09/2005O MAGOSTOLuis Amado Carballo (En O Galo. 1928) No serán agoniante -bandadas de ceibes pombas- van alalás pol-o ceo en procesión rumorosa. O día ferido sangra en col da ría un roxo sospiro. Na fogueira dos magostos queimárase un auturuxo que se caíra das nubens abafado pol-o fumo. Outono frieiro. Ollos amarelos que choran no vento. Saloucan lentas campanas baixo o ceo neboento cantando o dor da paisaxe, o planto do sol funéreo. Lembranzas dos mortos sementan na terra coroas de ouro. Ou ourizos arregañan os dentes cor de caoba, nas puas dos seus cabelos reverdece unha luz nova. A noite marmórea tende as suas azas de tebras bafosas. 02/09/2005TABERNALuis Amado Carballo (En Proel. 1927) Chove fora. Nas pozas aboya a luz do gas. Na lameira da rua entérrase un cantar. Mariñeiros de Amberes, de Cork e Rotterdam... O acordeón borracho fala inglés, alemán... Na folla do coitelo fuxe a luz cal no mar. 19/08/2005OS EIDOSEn OS EIDOS (1955) Uxío Novoneyra Eí vein os cordeiros fiar os cordallos! Acabáronse os traballos. Viñeros as neves. Veo a chuvia i o vento pra quen non pode estar drento. Eu no meu cada un no seu teña pan teña leña teña erba pros bois e despois veña o que veña: É o prego do labrego. Cebalos cochos matalos salalos i afumalos. Ir derretendo na grasa... Ir achegando na brasa... Sempre hai que facer na casa. 17/08/2005QUEIXUMES DOS PINOSEn QUEIXUMES DOS PINOS Eduardo Pondal (1886) Ouh, mozos, que camiñantes por ese camiño ides, vinde abrigarvos un pouco, se é que mollados vindes. Teño bo viño e rosquillas de Cereo e Rececinde teño unha perfia de a neto, máis comprida non a viches; tomá, probádemo un pouco, e logo sen pagar ide. - O viño é bo certamente, mais mellor é quen o mide; que é tan doce e tan garrida coma as rosas de Frexilde. 12/08/2005OS BIRBIRICHOS E OS BIRBIRICHEIROSXoán Manuel Pintos En A GAITA GALLEGA (1853) Levantan os ollos muitos para as estrelas do ceo, non se fartan de mirare as luces do firmamento, quedando coa boca aberta sin saber que fixo aquelo; e tornando a vista ao chan ja de todo se esquenceron sin cuidar que cada herba volve tolo ao máis discreto: cantan a cousas do alto, cantan a cousas de lexos, cantan a cousas buxáns, cantan a cousas sin prezo, cantan a mil toleiradas que ja non acordan tempo, e cuidan que é faramalla o que temos de nós preto. Por eso me dou a gana de abrochar nestes versos cuns bichiños mui pequenos que, pola area espargidos, miran muitos con desprezo. É de ver alá en Cambados, enfrente á terra do Meco, cando devala a marea tanto chan que queda en seco, que si fora terra a millo había pan para o inferno, pois naquel longo areal que vai por junto a Castrelo vense as gentes formigando cando o mar vai baixo e quedo que parecen as formigas que saen dun formigueiro. Non acode tanta nunca por oír a un misioneiro e si tanta se ajuntara para as cousas doutro geito non habría as caldeiradas que decote se están vendo. Alí pois naquel Sarrido, cando a luna vai nacendo ou como a roda dun carro amostra o seu rostro cheo, se ajuntan de muitas partes homes, mulleres e nenos: todos van esfarrapados, non van ricos nin van cregos. Alí van do Grove e Curro, de Dorrón e Sobradelo, e de Armenteira e de Nantes, Santa Cristina e Loenzo, van de Meis e de Baión, Santo Tomé, San Lourenzo, van de Bamio, van de Cea, de Ouviña e de Tremoedo, van os do Monte da Escusa, e mais aínda de máis lexos, van de Caldas e de Cuntis, Vilagarcía e Sangenxo. Cada un por súa banda, en bandadas cal romeiros, vense acodir ó areal pola mañanciña cedo: uns con panos ou con foles, outros con cestas ou cestos. Van agiña, corre, corre, van buscar e van baldeiros. Alí se ajunta un gentío de lugares tan diversos que tropezan uns con outros e jamais se conoceron. Comenzan a fochicare cuns pausiños ou cos dedos alí pola area adiante, ou con ósos ou con ferros, e sacan muitas manadas de birbirichiños frescos: van enchendo os seus gabidos sin liortas e sin berros, pois todos teñen alí sin disputa igual direito. Ninguén se azaña inda que vexa que se colle máis ou menos, nin dice naide “esto é meu” mentres que n’o ten no cesto. Hai fartura para todos, inda que se ajunten mil centos. E naquel chan tod’os probes tornan ó estado primeiro. Da colleita arrematada, ajúntanse os compañeiros, dinlle adiós ao areal e dan gracias ao do ceo, dicíndolle cada un do máis íntimo peito palabras mui acelmosas así pouco máis ou menos: ”Bendito seas, Señor, que sin traballo e sin tempo na area decote botas para os probes alimento. Dásnolo ja dispostiño, substancioso e criadeiro, e para que non o furten sirve ós ricos de veneno. Bendito sea, Señor, por sempre e resempre eterno. Cada corazón dun probe será sempre o voso tempro”. E logo dinlle ás areas así pouco máis ou menos: ”Adiós areas queridas, da nosa fame remedio: criade os birbirichiños por millares de milleiros; nós viremos cubizosos inda que de longe a collelos, que cando é mui negra a fame o camiño non pón medo. Virán os nosos filliños, e tamén os nosos netos, virán a pisar os probes as areas de Castrelo”. Nesto as gentes se cargan, cada un co seu peso, todas se poñen pingando, mais van con semblante ledo. Non faltan nas compañías quen asopre algún punteiro, algunha frauta ou ben chifre ou algún outro estrumento, as mulleres que, cantando e castañolas mecendo, se espotrican coas ferreñas, repinican o pandeiro. Comezan as alegrías daquela seifa a desexo e saen do areal por un cento de carreiros. Van por aqueles camiños mil foliadas facendo, paran cos birbirichiños nunha congostra ou penedo, nunha aldea, ben nun campo, ben ó pé dalgún outeiro. Alí botan mil cantigas e rematan os seus versos cunha chea de aturutos que abouxan ó mesmo ceo. Cantando todos a unha, ja brincando e tamén quedos, docemente van dicindo ó son dos seus estrumentos: ”Alegrádevos miniñas, mozos, rapaces e vellos, que hoje cos birbirichiños as saudades son menos. Nunca se perda a memoria das areas de Castrelo e que alá vaian os probes polo camiño direito: deijaremos sinalado que non vaian por rodeos e destas cunchiñas brancas queden os camiños cheos. Nós, con este ben de Dios, vivimos anos a centos, criamos fillos a pote, sans como buxos e cedro. As comidas dos señores, cheas de especies e cheiros que se escachoan no lume, que lles fagan bo proveito; pois si viven regalados, ben llelo paga o pelexo e rúan á súa conta boticarios, curandeiros. Alegrádevos miniñas mozos, rapaces e vellos, que hoje cos birbirichiños as saudades son menos”. E logo aséntanse un pouco por ver de tomar alento e comenzan a escochare os birbirichiñós frescos. Relóucase de mirare O bulir daqueles dedos que, cun en cada man e cruzándoos polos tetos, tris... salta o cacho de arriba o de abaixo queda cheo. Desta maneira os escochan, máis despois é ver comelos: a cubiza con que sorben o que os cachos teñen dentro, como chuchan as cunchiñas e dimpois lamben os dedos. Si, por fertuna, hai dous cartos para sacar uns dous netos e leva algún na falchoca un anaco dun cortezo máis de millenta debullan, sábenlle mellor que queixo. Van tirando, pouco a pouco, cada cal para o seu eido; Recordando os seus filliños, que xa estarán no quinteiro. Inda a nai non pon o pé por adentro do portelo, ja chegan os seus miniños ”a min, a min berberecho”; Cisca uns poucos pola eira, os rapaces van collelos de gatiñas, uns cos outros, levantándose e caendo. Dimpois tódolos da casa, arredor do fol ou cesto, non se afartan de gandire os birbirichiños frescos. ¿Nos vistes algunha vez polo vran un niño feito cos paxariños deitados todos en roda por dentro como se estrican e chían con sonidos mui pieiros cando vén voando a nai coa bicada no piteiro? Pois así, co mesmo afán, dando gritos, dando berros, os fillos dos probes brincan de alegría e de contento, e saen en coiro afora cando ven os pais de lexos que traen os birbirichiños das areas de Castrelo. Agora os homes de chola, sin forzar o entendimento, sabrán por qué ós de Cambados chaman os birbiricheiros. Mais non me dirán a min, e aposto o que non teño, cómo dos birbirichiños se repoñen os viveiros, pois tantos e tantos sacan, tan decote e tan arreo, que si sacaran areas, no’había areal en Castrelo. Sólo o que leva por conta as voltas do univeso, o que de nada se olvida e sempre está co ollo aberto, podrá si quer explicalo e darnos conocimento, que os homes, por mui leídos... desengañarse, é o vento. 04/08/2005A GAITA GALLEGAA GAITA GALLEGA (1853) Xoán Manuel Pintos Foliada 5ª (fragmento) Foi sempre noite para os probes sólo, que pan mui negro sin area de sal botan nun caldo ben escoado e grolo, sudando o comen sin facerlles mal. Inda que é muito, pensan as almas duras que na miseria ceban a codicia, sin medo a Dios ajuntan brancas suras para mercar as penas da justicia. ¡Cantos na terra botan o seu millo para pagar á espiga cada gran! ¡Cantos en coiro miran o seu fillo que come a fame con prestado pan! 01/08/2005A GAITA GALLEGA -2A GAITA GALLEGA (1853) Xoán Manuel Pintos Foliada 3ª (fragmento) (falan os cans da vila) Comemos muitas comidas, cheas de muitas misturas e inda que temos calenturas con gusto as pasamos nós. Non temos que buscar herbas porque médicos nos curan e señores nos procuran deitándonos en colchós. As señoras, miñas joias, nos miman, dannos de bicos e nomes mui chichiricos nos poñen elas tamén. Durmimos no seu regazo, por premio de lealtade velando ó pé da mitade cando o coime a velas vén. Azucarillos, bizcoitos nos dan do seu azafate e sopas en chicolate molladas pola mañán. ”Cupido, Cupido, toma” nos din con gran donosura e facémoslles misura lambéndolles a branca man. 29/07/2005A GAITA GALLEGAA GAITA GALLEGA (1853) Xoán Manuel Pintos Foliada 2ª (fragmento) Traballa un home e se mata por manter catrocentos, e lle fan pagar ben caro inda máis por ir mantelo. Si vai á vila con ovos o disgraciado labrego fanlle pagar á chegada os mesmos que han de comelos, e si non ten os chaviños dinlle que vaia a facelos, de maneira que alí choven cartos e chavos a eito. Por toxos ou herba ou palla, por vasoiras ou codesos, por garabullos, cañotas, por gestas, canas ou fentos, por queiroas ou carrascos, capós ou feixes pequenos de leña ou sean billardos, pois teñen nomes diversos, por arjós, follato ou poma, por estrume para o esterco, por manteiga, por galiñas, por fariña, por farelos, ou relón ou ben salvado por trigo, millo e centeo, por castañas e verdura, por patacas e pexegos, por ameixas e por figos, por bruños, mazás e peros, por noces, allos, cebolas, níxaros, piñas e nésperos, por limóns ou por laranjas do po e doces o mesmo, por calacús e cabazas, por tomates e pimentos, por culleres, mazarocas, por liño, estopa e tomentos, por abanos e carozas, e por landres para os cerdos... Ja me canso. So lles falta que lles tarifen o alento. Inda máis si un leva o carro, máis que nel leve un enfermo. Fanlle pagar por pasar ¡si non llo cían un leño! E por canado de viño que corre a oito no tempo fanlle pagar outros oito ós labregos por direitos. Inda ben no’está un tallón con fabas, nabos ou grelos ja ferven polo corral os alarbes dos apremios. 27/07/2005OS CAPÓSMANUEL MARÍA (En Terra Cha, 1954) ¡Este par de capós da bisbarra vilalbesa! ¡Nunca ollei outros tan bos en toda a terra luguesa!. Cébanse moi ben cebados. Hai que matalos despois. ¡Cando se ven desplumados teñen un peso de bois! 25/07/2005PORCOS DA CEBAMANUEL MARÍA (En Terra Cha, 1954) Eran ranchos de boa lei. Foron medrando, medrando. ¡Moito me escravicei pra os poder ir ceibando! Agora xa están cebados. Hai que pensar en matar porque xa van rematados os nabos pra os engrosar. ¡Teremos mañá os roxós e haberá festa na casa! ¡Hai que cortar os xamós e ir roxando na grasa! 22/07/2005OS NABOSMANUEL MARÍA (En Terra Cha, 1954) Arden as costas coa fogaxe pra sementalos. As maos degrezan coa friaxe pra apañalos. Este os nabos son folla verde, finos grelos; os carolos no terrón azúes, brancos, marelos. Mantense a xente con grelos, coas follas críase o gando. Os carolos -¡hai que velos!- os porcos que están criando. 18/07/2005PANMANUEL MARÍA (En Terra Cha, 1954) O pan centeo é un tesouro: semella a terra que o deu. ¡É como a terra de mouro porque na terra naceu...! 14/07/2005TRIGOMANUEL MARÍA (En Terra Cha, 1954) Este é o trigo candeal: dereito, lanzal. É como o ouro: douradiño. ¡Que ledicia terá o muíño ó muiñar! Haino que amasar, tendelo e cocelo. Despois de o enfornar, ¡Deus, a este pan, ha de baixar! 11/07/2005TRABALLOS DE TODO O ANOMANUEL MARÍA (En Terra Cha, 1954) A esfenda e a demouca é en Febreiro. Bótanse as patacas en Marzo raioleiro e seméntase tamén trigo marceiro. Bótase o millo da xente por Abril cando o cuco saíu do seu cubil, e Maio longo estará sachado il. Polos días grandes do San Xoan cóllese a nabiña, o lume novo fan; mércanse as fouciñas para segar o pan. No mes da Sega o sol pica moi duro, ó segar o pan, o trigo está maduro; mes de moito traballar e moito apuro. Estamos no Agosto: a malla e a gadaña que quere pouca forza e moita maña; hai que botar os nabos, se barbaña. O de Setembro é o mes de San Miguel: apaña patacas, non hai mes como el; é tempo de ver se os trobos teñen mel. No Outono hai que ir ó San Froilán: mozos, homes, vellos, nenos, todos van e voltan de presa para outonar o pan. No San Martiño ollo porcos cebados, os magostos, os capós arrombados e abrir regos en lameiros e prados. O tempo de Nadal é frío e ventureiro. Noiteboa. ¡Se hai leña no unlleiro chegarán os Reises a entrada de Xaneiro! 08/07/2005ROMAXES (fragmento)MANUEL MARÍA (En Terra Cha, 1954) Hei de ir á Virxe do Monte de romeiro, a auga e pan. Augiña fresca, de fonte e un bo caxigo na man. 04/07/2005UNHA BODA E EINIBÓ(Fragmento) De Manuel Curros Enríquez (En Aires da Miña Terra. 1880) Mais xa de Bras na cociña roxe o rixón na sartén, ferven a cachón os potes e cheira a aurego e prixel. Preparada no sobrado unha mesa de oito pes, con catro mantés cuberta porque non chega un manté, fumegan enriba dela tres barcales, todos tres de chourizos cugulados, lacón e vaca, a escoller. Panochas por onde queira de pan albeiro se ven, bicas de centeo e millo pra gusto de quen quixer; e nun curruncho, con netos alá por corenta e seis, toupa de chea unha cántara de purrela como a mel. 29/06/2005COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGASFrei Martín Sarmiento. Publicado en 1751 Coplas 728 a 731 Deu máis de millenta de balde e sen prezo pasteles de a carto a nenas e nenos. De peixes frixidos pan trigo e torreznos, biscoitos e viño e cousas de cerdo, había fartura, nada por diñeiro; comían, bebían os homes famelgos. Xesús! Que lambaces, lambóns, lambaceiros, lambuzas, larpóns, larfóns e famentos! + Coplas 19 a 25 + Coplas 26 a 32 + Coplas 48 a 54 + Coplas 77 a 84 + Coplas 112 a 128 + Coplas 165 a 167 + Coplas 326 a 239 + Coplas 367 a 369 + Coplas 378 a 379 + Coplas 667 a 696 + Coplas 728 a 731 28/06/2005COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGASFrei Martín Sarmiento. Publicado en 1751 Coplas 667 a 696 Era un raparigo, vasallo (e galego) do conde, e que estaba servindo no eido. Dixo que os confites se daban por cestos e que as rosquilliñas se daban a centos; os biscoitos largos, brancos e amarelos; se daban por feixes e monllos enteiros; dos ovos fiados con muitos nobelos andaban por ducias seus pratos ben cheos; uns bolos tan grandes como un pan de mesto, que eran de fariña de trigo escolleito, con leite amasados sen ningún formento, con ovos mexidos, por sal, zucre preto. Estes ditos bolos que eran amarelos andaban en torno en rebandas feitos; nuns baldes mui anchos inda que mui lixeiros, que eran de cortiza, embreados drento estaban uns xarros olas ou pucheiros, garrafas ou sellas, frascos ou botexos, picheles ou cántaros, non sei cales delos; só sei que eran todos, pouco máis ou menos, de vidro ou de prata e que estaban cheos de ágoas con zucre e mais outros cheiros. Daquelas bebían todos os trescentos, a barba regada, netos e mais netos. Dos viños que daban e que eran diversos, eu entendo pouco, así, non falemos. Dixo aquel rapaz que non eran menos o viño que a ágoa -que era máis eu creo. Mais se o viño quente todos non beberon, con mel e manteiga foi frío o refresco, inda que tomaron mui quente e fervendo muito chicolate con sopas no medio. E tamén estaban os bufetes cheos de lenguas, chourizos, perniles, codelos, de lacós, cachuchas, fociños de cerdo nuns patos mui anchos e todo friento; e mais muitas tartas, que seica as fixeron as monxas (andaban abondo por certo); pantrigos e roscas, ripotes e queixos a dálles cun pau rodaban no eido. Por fin, xa me canso e mais non me lembro de tanta merenda de tanto festexo. Maruxa das Rulas, ti que tes máis peito, cóntanos embora aquelo que deixo. MARUXA -Deixache o millore, Minguiña do Rego, daqueles bocados que houbo no refresco. Con estes olliños vin que o pasteleiro meu dono fixera mil cousas de prezo, por orden que tiña do Conde pequeno -ou seica do frade que ten seu goberno. Tantas donosuras e modos diversos fixo de pasteles que todos dixeron na casa do Conde que nen tan ben feitos nen tantos os viran xamais nalgún tempo. Un só pastelón tiña de rodeo máis que tén as rodas dun carro sen eixo. Mais xa que pasou todo aquel refresco e que xa Minguiña o contou extenso, vamos adiante deixémonos desto pois aínda falta algo do festexo. + Coplas 19 a 25 + Coplas 26 a 32 + Coplas 48 a 54 + Coplas 77 a 84 + Coplas 112 a 128 + Coplas 165 a 167 + Coplas 326 a 239 + Coplas 367 a 369 + Coplas 378 a 379 + Coplas 667 a 696 + Coplas 728 a 731 27/06/2005COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGASFrei Martín Sarmiento. Publicado en 1751 Coplas 378 a 379 -Non chores, meniño, non chores, sé quedo, enxúgate as bágoas cun trago e un cortezo. Máis val, choracricas, beber neste tempo a barba regada que chorar a regos. + Coplas 19 a 25 + Coplas 26 a 32 + Coplas 48 a 54 + Coplas 77 a 84 + Coplas 112 a 128 + Coplas 165 a 167 + Coplas 326 a 239 + Coplas 367 a 369 + Coplas 378 a 379 + Coplas 667 a 696 + Coplas 728 a 731 21/06/2005COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGAS.Frei Martín Sarmiento. Publicado en 1751 Coplas 367 a 369 Xa sabemos todos meniñas e nenos, que cando hai finado, hai choros, lamentos, tamén hai pan trigo, tamén hai carneiro; se hai misa de enfuntos hai ola no eido. Por iso se dixo que con pan son menos os choros e dores nos lutos e enterros. + Coplas 19 a 25 + Coplas 26 a 32 + Coplas 48 a 54 + Coplas 77 a 84 + Coplas 112 a 128 + Coplas 165 a 167 + Coplas 326 a 239 + Coplas 367 a 369 + Coplas 378 a 379 + Coplas 667 a 696 + Coplas 728 a 731 COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGAS.Frei Martín Sarmiento. Publicado en 1751 Coplas 326 a 329 Todos cantos frades íban no enterro levaban alforxas de lan ou de lenzo; dizque alí botaran viño, pan e queixo, e mais empanadas, e mais uns torreznos. Eu ben vin as botas, afellas, eu creo, nen íban buxáns, nen cheas de vento. Tamén as alforzas íban pro extremo, mui ben ateigadas, de ósos non creo. + Coplas 19 a 25 + Coplas 26 a 32 + Coplas 48 a 54 + Coplas 77 a 84 + Coplas 112 a 128 + Coplas 165 a 167 + Coplas 326 a 239 + Coplas 367 a 369 + Coplas 378 a 379 + Coplas 667 a 696 + Coplas 728 a 731 15/06/2005COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGASFrei Martín Sarmiento. Publicado en 1751 Coplas 165 a 167 Déronlles uns caldiños mui quentes de presto -tamén matan caldos cando quere Deos. Deulle un gran salouco fixo un gran bostezo cando unha fechiña chegou ao gorxeiro O mon Dieu, mon Dieu! falou por extremo, quedouse en mon dieu! morto sen remedio. + Coplas 19 a 25 + Coplas 26 a 32 + Coplas 48 a 54 + Coplas 77 a 84 + Coplas 112 a 128 + Coplas 165 a 167 + Coplas 326 a 239 + Coplas 367 a 369 + Coplas 378 a 379 + Coplas 667 a 696 + Coplas 728 a 731 COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGASFrei Martín Sarmiento. Publicado en 1751 Coplas 112 a 128 Na praza si que houbo de novo e de certo, muito no verán abondo de fresco: Pixotas e congros, muxes e corbelos, melgachos e melgas, pintos e xorelos, panchoces e xardas, polbos e badexos, buraces e sollas, escachos e reos, robalos e raias, curuxos e meros, cabalas e barbos, e mais bucareos, de tranchos mui poucos, rodaballos menos, lenguados a pote airoas sen termo. Catro mans a branca íban os xorelos, de tres as xouviñas antronte; que prezo! Muitos caramuxos, mexillós, cranguexos, camarós, pecebres ameixas a centos. TOMASA - Mais non vos cansedes, Andrea, por Deos, - Dixo; e axudoulle Tomasa do Outeiro- O ano foi farto, o maíz, eu creo, que encherá os canastros tanto que o centeo, O millo meúdo e os feixóns pretos e mais o paínzo encherán os cestos. Inda que o liño tivo muito gordo, é certo, non coubo nos lagos o liño colleito. Das coles, das verzas, dos allos, dos beldros, e mais as cebolas foi ano mui cheo; se ollais os nabales, dirés que no inverno, habrá muitos nabos, razibas e grelos; as viñas prometen, xa estamos sen medo, que habrá nas vendimias gran falta de cestos; na vila traballan tantos toneleiros, que abouxan as rúas con tanto golpeo: toneles e pipas de novo fan presto, e alimpian, remendan os pipotes vellos. Do viño a colleita será sen exempro, e seica ao chaviño pasará o neto. + Coplas 19 a 25 + Coplas 26 a 32 + Coplas 48 a 54 + Coplas 77 a 84 + Coplas 112 a 128 + Coplas 165 a 167 + Coplas 326 a 239 + Coplas 367 a 369 + Coplas 378 a 379 + Coplas 667 a 696 + Coplas 728 a 731 10/06/2005COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGASFrei Martín Sarmiento. Publicado en 1751 Coplas 77 a 84 Só catro mulleres falaron dereito; direi os seus nomes, son de Carballedo: Andrea da Chouza, a neta do cego, vendira laitugas, comprara cangrexos. Un feixe de toxos Tomasa do Outeiro vendira na vila, comprara xorelos. Catuxa do Mato landres e coellos vendira, comprara sal e mais pan fresco. Comprara xoubiñas Mariña a do Cego, na praza vendira xestas e codesos. As outras que calo alá ao seu xeito na praza ou mercado vendiran, eu creo xa leite, xa herba, xa figos, pexegos, vasoiras, ou bruños, xa peras, xa peros; compraran á volta xa olas, xa petos, xa berberichiños, xa peites, xa espellos. + Coplas 19 a 25 + Coplas 26 a 32 + Coplas 48 a 54 + Coplas 77 a 84 + Coplas 112 a 128 + Coplas 165 a 167 + Coplas 326 a 239 + Coplas 367 a 369 + Coplas 378 a 379 + Coplas 667 a 696 + Coplas 728 a 731 09/06/2005COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGAS.Frei Martín Sarmiento. Publicado en 1751 Coplas 48 a 54 Sentáronse todos no campiño seco, ollando ás de veces á Vila en dereito. Alí merendaron grandes e pequenos xuntaron merendas, e todos comeron. Tampouco faltou para o cumprimento pantrigo da vila, viño do Ribeiro. A min que os ollaba, e estaba mui preto, por farme mercede todos me dixeron: - Ai Marcos! Compadre, tomai un cortezo, e botaille dous tragos, que abondo aquí temos! Non fun porfiado, que estaba sedento, comín e bebín bastante por certo. + Coplas 19 a 25 + Coplas 26 a 32 + Coplas 48 a 54 + Coplas 77 a 84 + Coplas 112 a 128 + Coplas 165 a 167 + Coplas 326 a 239 + Coplas 367 a 369 + Coplas 378 a 379 + Coplas 667 a 696 + Coplas 728 a 731 05/06/2005COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGAS.Frei Martín Sarmiento. Publicado en 1751 Coplas 26 a 32 Na vila é costume dempois que a coñezco que os sábados todos do ano e arreo, se faga un mercado mercando e vendendo mil cousas do uso con muito comerzo de olas, de potes, de asados, pucheiros, de pratos, cazolas, picheles e petos, angazos e rodros, rebolos e eixos, de rocas, de fusos, de trouzos, sarelos, de polas e polos, de lebres, coellos, de pitas e ovos (de veces son frescos) marrás, bacuriños, años e carneiros, capós e cabirtos, e todo a bon prezo; pantrigos, petadas, ripotes e queixos, mel e manteiguiñas e fruitas do tempo. + Coplas 19 a 25 + Coplas 26 a 32 + Coplas 48 a 54 + Coplas 77 a 84 + Coplas 112 a 128 + Coplas 165 a 167 + Coplas 326 a 239 + Coplas 367 a 369 + Coplas 378 a 379 + Coplas 667 a 696 + Coplas 728 a 731 04/06/2005COLOQUIO EN MIL DUASCENTAS COPLAS GALEGAS.Frei Martín Sarmiento. Publicado en 1751 Coplas 19 a 25 Alí as meniñas as mozas, os nenos, as vellas, os mozos os homes, os vellos, que veñan, que volten, á vila, ao eido, almorzan, merendan -e failles proveito- frangullas de pan, migallas de queixo, castañas mamotas ou fruita do tempo. se compran na vila por pouco diñeiro ameixas e ostras, centolas, cangrexos, E mais caramuxos, que compran por centos, ou beberechiños que tén pouco prezo. Alí os escochan con mans ou con ferros, os chuchan ou comen con muito sosego, por iso aquel chan está sempre cheo de cachos mariños estando tan lexos. + Coplas 19 a 25 + Coplas 26 a 32 + Coplas 48 a 54 + Coplas 77 a 84 + Coplas 112 a 128 + Coplas 165 a 167 + Coplas 326 a 239 + Coplas 367 a 369 + Coplas 378 a 379 + Coplas 667 a 696 + Coplas 728 a 731 02/06/2005FAMEFAME Celso Emilio Ferreiro (De Longa Noite de Pedra, 1962) Eran dúas velliñas e un neno. Tódolos días chegaban con andar canso, pouco a pouco, sorteando os escombros das casas derrubadas. Silenciosamente, nun curruncho da rúa, alí onde nós estábamos xantando, esperaban caladas, concentradas, isoladas, coma frores murchas. O neno falaba cos soldados. Os rancheiros arrastraban até a porta as perolas renegridas e grasentas e púñanse a repartir a bazofia que sobrara do xantar. As velliñas e o neno ateigaban as súas tarteiras e após marchaban, como viñeran, con andar canso, pouco a pouco, coma tres cousas negras que se esvaían na estrana paisaxe tragadas pola boca negra do refuxio antiaéreo. 29/05/2005LOUVANZA DOS QUEIXOS DE SAN SIMÓNLOUVANZA DOS QUEIXOS DE SAN SIMÓN MANUEL MARÍA (En Terra Cha, 1954) Os queixos de San Simón co ar da serra curados: ¡viron correr os regatos e mais o verde dos prados! Os queixos de San Simón sentiron tremar orballos e escoitaron os murmurios dos ventos polos carballos. Os queixos de San Simón aínda son feitos a mao, ¡sentiron frío de Inverno e sudaron polo Vrao...! Os queixos de San Simón son a cousa máis sinxela, ¡teñen feitura de pico e saben a pastorela...! 25/05/2005CANTARES GALLEGOSCANTARES GALLEGOS (1911) (fragmentos) Manuel Leiras Pulpeiro Ou non han de dar leite as cabras, ou non ha de ter fío o fouciño, ou hoxe o galo do Coto hase comer nos Muíños ... Cereixa que en pola baixa, e ó pé dun camiño esteña, non se ve nunca en ningures que tarden moito en comela. ... Daime onde ó mar unha cova, daime minchiñas e lapas, e douvos todo, todiño canto se dá na Montaña. ... Non hai como as noites de inverno, no escano tras da caeira, habendo porco, e mais viño, e un compadre para a palleta. ... Non se cómo hei de manter este meu cagarrosiño, as papas non se lle chegan e ó caldo il tórcelle o bico. 22/05/2005DIANTE DUNHA CUNCA DE VIÑO ESPADEIRODIANTE DUNHA CUNCA DE VIÑO ESPADEIRO De Ramón Cabanillas (Da terra asoballada, 1917) ¡O espadeiro! ¡Acios mouros, cepas tortas, follas verdes, douradas e vermellas, gala nas terras vivas de Castrelo nos Castelos de Oubiña e nas areas de Tragove e Sisán, do mar de Arousa e o Umia cristalino nas ribeiras! ¡O espadeiro amante! ¡O viño doce! ¡Alegría de mallas e espadelas, compañeiro das bolas de pan quente e as castañas asadas na lareira! ¡O espadeiro! ¡O resolio que louvaron en namorantes páxinas sinxelas os antigos abades do mosteiro de Xan Daval, na vila cambadesa, aqueles priores leigos e fidalgos, mestres na vida, na virtú e na ciencia, que sabian -¡ouh tempos esquencidos!- cantala misa, escorrentalas meigas, acoller e amparar orfos e pobres, rir coas rapazas, consellalas vellas, darlle leito e xantar ós peregrinos, pechar por foro as portas da súa igrexa á xusticia do Rei, cobralos dezmos e dispoñer vendimas e trasegas! ¡O espadeiro morno! ¡O roxo viño, sangue do corazón da nosa terra, que arrecende a mazás e a rosas bravas, quence os peitos e as almas alumea, e sabe a bicos de mociña nova, aldeana e triqueira! ¡Como canta ó caír nas brancas cuncas desde as pintadas e bicudas xerras! ¡Como latexa e brilla ó coroalas! ¡E como loce e ri cando as adreza, asemellando fíos de rubises, cun rosario de escumas sanguiñentas! Cando nas mornas tardes de romaxe vai na alombada pipa taberneira ó souto que se estende ó pé da ermida onde as campanas repinican ledas; Onde axordan os fogos de tres tronos e ó son da gaita a moceda tolea, é a alma do galán verba maina; de labradora e viril maxeza, que o mesmo se derrete coas rapazas que arma sin máis nin máis unha quimeira; solta un “¡Ei, carballeira!” erquendo a moca e facéndose atrás, e... ¡adiola festas! Cando o xeado inverno alonga as noites e en santa paz, ó pé do lar, se axeitan mozos o vellos, desbullando o millo, dándolle ó fuso ou restelando teas, o espadeiro é o espirito do petrucio de garimosa fala churrusqueira, de mans de prata e lombo acorcobado, queixo tembrón e neve nas guedellas, que chiscando os olliños contra os mozos, pondo ás rapazas cores nas meixelas, sabe contar os divertidos feitos e as antigas historias que comenzan: ”Unha vez, unha nena e mais un frade...” ”Tiña, naquel entón, un paxe a reina...” ¡Espadeiro! ¡Espadeiro! ¡Ledo viño das noites mozas! Claridá de estrelas. O aturuxo zoando nas quebradas... Mozos... Pandeiros... Un amor que empeza... Aromas das carqueixas e do trevo... De man en man, a bota carreteira... Unha cantiga ó pé dunha ventana... ¡Detrás dos vidros, Ela! ¡Ouh, espadeiro amante! ¡Ouh, roxo e quente sangue do corazón da nosa terra! ¡Acende os corazóns dos apoucados! ¡prende lume nas almas, viño celta! ! 18/05/2005HIMNO AO XAMÓNDe Ramón Otero Pedrayo Groria do porco, frol da invernía, sona da casa, lapa de carne Xamón. Densidá ilustre da cena sabia, gracia e potencia, rosa do pote, Xamón. Coallo dos froitos todos da terra, labio fresqueiro, mantenza antiga, Xamón Febra xugosa, rica canteira onde se curtan limpos poliedros Xamón. Benedictina fartura ilustre de Oseira e Samos, coartel famoso, Xamón. Rei da lareira, carne petrucia, da Raza esgrevia gardas o zume, Xamón. De rica alquímia Summa suprema, Fariña, poma. Landra, castaña.) Xamón, Sal do fumeiro, na noite negra do viño en xerra irmán doado, Xamón Pai das artritis, das esclerosis . fildalgas doenzas do pazo antergo, Xamón. Tentación dura pra o anacoreta, coor de meixela, carne de lume, Xamón. Do chan galego tes a dozura se a meias coces con fachas secas, Xamón Sono adoecido do triste abstemio farto de berzas, todo augachirle, Xamón, Pra tí frolecen os soutos vellos, medran as hortas, madura o nabo, Xamón. Para gabarte cantóu Homero, brilas no hexámetro, manxar heroico Xamón Liturxias vellas impós ós fieis aristocrática, feudal mantenza, Xamón Coma o pescado roxo e sabroso amoleciches ó funcionario, Xamón Do norte xiado veu pra buscarte o loiro suevo fillo da guerra, Xamón. Da xente aria vella mantenza, na túa presencia trema o Semita, Xamón. Triste xudeu farto de ovella morre de envexa pola túa groria, Xamón. Criado con calma, mimo, coidado, da esencia do agro síntesis rara, Xamón. Mentras o fígado come o escolante, ríllate ancioso o forte abade, Xamón Tes en Caldelas forte crianza na neve xiada das cumes outas, Xamón. Dacón por ti goza de sona de ser Porcópolis, Chicago noso, Xamón. Papa das carnes, cardealicio, archimandrita da limpa mesa, Xamón. Homildemente a tí chegamosos pelingrinos, fartos de légoas, Xamón. E no teu gosto fresco e potente teñen consolo as nosas fames, Xamón. ¡Rei da mantenza, sol do fumeiro, que sempre agardes nosa chegada Xamón. 17/05/2005¡A PROBIÑA QUE ESTÁ XORDA...!Rosalía de Castro (De “Follas novas”) “Alá enriba da montaña, sai fume das chamineas... Valor, meu corpiño vello. Levaime aló miñas pernas. Paseniño, paseniño, aquí para, alí te sentas, irás chegando Xuana, a donde as casas fomegan. ¡Dios diantes, a virxe te valla! Que hoxe, seica... seica... seica... has de comer sete cuncas de bon caldo, coa da cea e mais compango de porco ou de sardiñas salpresas que os montañeses son homes que cando dan, dan de veras. Dempois quentaraste a un lume grande como unha fogueira, e cando xa estés ben quente ¡A dormir... e que amañeza!” I a vella vai, sube, sube a costa do mar de ovellas cun ollo posto no chan i outro onda as casas fomegan. Mentras tanto o sol da tarde tras dos pinares se deita, i aluma con tristes raios as sombrizas arboredas. Dos Anxos o val hermoso, sabán de verdor ostenta alá no fondo tranquilo que soaves brisas ourean. Aquí fonte, alí regato, a iauga brila entre as herbas, color de ouro, que o postreiro raio de sol fire nelas. Quieta, docísima calma arriba i en baixo reina; a noite ven silenciosa, maina, pero sin estrelas. Nin siquera unha relumbra no firmamento, que espesa brétema tamén se corre polas llanuras etéreas. Comenza a orballar, escuro todo arredor, a penas se acerta o que o máis coñozca, con camiño nin carreira. Mas non importa por eso, que o que é valente é de veras. I a vella vai, sube, sube, a costa do mar de ovellas. Cun ollo posto no chan i outro onde as casas fomegan, que alí relumbra unha luz, e vai direitiña a ela marmurando “-Arriba, Xuana, que ou me engaño ou terás festa.” A esperiencia insina a todos, e ten a vella esperiencia, por eso non pensa mal, pensando que arriba hai festa. Un carballo arde no lume, i arredor do lar se sentan rapazas de alegres ollos, avós de brancas gadellas, vellas que indan rompen mangas e tocan as castañetas; os afillados que a dona i o dono ten pola aldea, i os amigos i os cuñados, os curmáns i a parentela toda xunta, e mailo crego i o zuruxano das bestas. Un cego coa súa zanfona en compaña doutra cega, que, si ben lle dá ó pandeiro, fai falar as castañetas; un manco, un coxo, unha tola i outros pobres, que se sentan nun tallo para dez posto nun curruncho da lareira, e abofellas máis non caben inda que algún máis vir quixera. Foron chegando, chegando, mais de nove ulindo a festa, i a ningún botou da porta a rica da montañesa; que hai para todos, o día que alí cocen, carne fresca por arrobas, e se fan Pppas de arroz en caldeiras. Matouse un carneiro, grande como un boi, e unha tenreira como unha vaca, e gordiña como unha cocha pequena. Hai viño a Dios dar, un viño do Ribeiro, que é canela; e para a xente de menos haino tamén do da terra, un pouco agriño, mais fresco e saboroso como fresas. Coceuse unha gran fornada de millo branco que albea, con mixtura de centeo i unha pouca de manteiga. Parece biscoito a broa, iun non se ve farto dela, que inda é miuto máis sabrosa que os moletes que en tres cestas, escollidos, de Santiago trouxeron as panadeiras. En fin, a comida roda polos pés, i o viño alegra as xentes tanto, que rabia de envidia a negra tristeza. Os pobres que alí viñeron i atoparon lume e mesa, contan contos que dan risa, así ás mozas coma ás vellas; uns en verso, outros en prosa, pois falan en todas lengoas, i apostan entre eles todos a quen fai copras máis feitas. Ma-l-o da zanfona gana, que lle apunta a compañeira, e axúdalle o viño branco con que a gorxa lle refrescan. “¡Viva a cega! ¡Viva o cego...!”, de cando en cando lle berran, i el di, berrando mais forte: “¡Vivan eles!... ¡Vivan elas...! I a mais bonita de todas, que veña a darme unha prenda. ¡Ghu-ghu-ru-ghu!” I aturuxa hastra ensordece-las pedras, i a cega dálle ó pandeiro, i o cego toca nas tecras, i ó compás do zongue, zongue, de novo bailan as nenas, e din os pobres, botando leña no lar: “¡Esta é festa! ¡Quen che hoxe andivera fóra ca tripa toda baldeira...!” I un ollo botan sorrindo ós feixes de palla fresca onde han de dormir quentiños, coma rixóns en caldeira, mentras fóra zoa o vento e ladran os cans nas eiras. Xa preto da media noite, dan encomenzo as pelas; os mozos loitan cas mozas, medindo as forzas que teñan e n’andan en comprimentos para botarse por terra. ‘Si as vírades que valentes se amostran na loita as nenas! ¡Fanlle ós mozos cada mágoa cas súas mans pequeneiras!. -Un xa caíu... foi un home... ¡Ela venceu..., venceu ela! ¡Ben pola nena bonita! ¡Que vivan as montañesas! ¡Que vivan pois loitar saben! -¡Si fixo trampa! – el contesta avergonzado. –Foi trampa, que sinón, nin cen coma ela. -¡Que trampa nin que morcegos...! vencinte... - Non. - Si. - ¡Me venzas...! E mentres que nesto están: ¡Plum!, ¡plum!, ¡plum!, dan cunha pedra na porta. -¿Quen é? –Perguntan. - Son unha probiña vella que me perdín neste monte... - Responde unha voz que tembra. ¿Non me darán pousadiña, que está chovendo e lostrega?. - Vaia con Dios, xa vén tarde, non hai sitio –lle contestan. - ¿Qué di, señora? Son xorda coma un canto..., miña prenda. Ábrame a porta que Dios llo pagará... - Probe vella... un pouco adiante, pretiño, hai máis portas, chame nelas. -¿Qué di, señoriña? Mire que está unha noite moi fera, e teño medio que os lobos me coman... - ¡Dios diante! ¡Seica! N’hai lobos aquí, ande, ande, vaia con Dios, que outra aldea hai preto. - ¿Qué di, señora? - Vaia con Dios, non sea terca, que aquí non caben máis nin probes nin ricos, ¡eia! - ¿Qué di, ña filla? Son xorda e non oio anque me fendan. ¡Brrr..., que frío, señoriña! vosté que é tan limosneira, déixeme entrar e estarei no cortelliño coas bestas. ¡Brrr...!, ¡que morro coa friaxe! ¿Quengha!, ¡quengha!, ¡quengha!, ¡quengha! ¡Que tos..., Dios me valla..., brrr...! ¡Xa non podo máis! - Pois veña, e si non ten onde pórse, brinque a cabalo da artesa. - Falou a dona que tiña o corazón de manteiga. - ¡Dios llo pague, queridiña! xa topará recompensa no ceo... abra, miña xoia... escramou de pronto a vella. - ¿Logo n’e xorda, que oieu? dixeron de dentro, antramentras que quitaban o tranqueiro da porta. - ¿Qué di, ña prenda? Non lle oio nada, mas teño moito sentido... - ¡Abofellas que non mente! Vaia, vaia, adentro... - Santas i buenas noites teñan mis señores... ¡Xesús, seica están de festa que hai moita xentiña xunta! De hoxe nun ano aquí os vexa. Dios os bendiga... el Señor lles dé fertuna ás mancheas e saudiña... - ¡Amén, amén! - Busque sitio na lareira e quéntese... - ¿Qué me dixo? Son xorda como unha pedra, e máis non probei frangulla desde onte á noite, e nas venas xa teño o sangue callado polo frío... - I antramentras que esto di, vaise arrimando ó lume moi compangueira cos outros pobres, e fura por antre eles, por antre elas. Brinca por riba do cego, e queiras que non queiras, sempre tembrando de frío e xorda como unha pedra, según di, no mellor sitio con moita humildá se senta e arrima un mando de lume para onde ela está. - ¡Ei, miña vella! mire que hai máis que vostede aquí, ¡que comenencieira parece! –lle di outro probe cunha cara de desteta nenos. - Como di, meu fllo? (Sorrindo reprica ela sentandose máis a gusto) - Eu de calquera maneira me amaño; que así no ceo me amañe el Señor... - ¡Bah!, seica quer facer mofa da xente... ¡Poche, co xuncras da vella! mesmo parece un espeto. - ¿Si quero un neto, ña prenda? Si mo desen inda pode que pouco a pouco o bebera, pois teño moita sediña, e fame, e frío... - ¡Rabea! ¡Can! que non vin unha xorda máis fraca nin lagarteira. ¿É filla dalgún raposo? - ¿Qué pille un óso? Da vella quérense rir... ¡Ai, Dios mío! Pero a fame élle moi negra; tráiamo se é que inda ten apegada algunha freba, e ireino raspando a modo cun canteiro que me queda. Todos riron ca resposta e... -¡Inda nunca Dios me dera, - dixo o cego-, que esa xorda sabe máis que eu, abofellas! - Merece comer compango E voullo dar, miña vella, porque onde queira que a atopo gústame sempre a sabencia ¡Coma e fártese! Aquí ten talladas e viño...; beba, beba pola miña conta á salú das montañesas. - Dixo a dona, e doulle un prato de callos como unha cesta á probe, e viño e pan branco, canto quixo; fartouse ela mesmo hastra que tuvo a tripa coma un pandeiro. Rabenta por pouco...; mais o pelexo tiña duro, e nin siquera lle arregañou, i ó outro día xa estaba tan peneireira. - Coidado,- lle dixo a dona cando se foi. Conta teña de non volver por aquí mentres lle dure a xordeira. - ¿Qué di, miña queridiña? - Respondeu rindose a vella. Son mesmo como unha tapia, e nos lle oio, anque me fendan. |
![]() Esta obra está baixo unha licenza Creative Commons. TemasArchivos
Enlaces |